|
A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense oferta, neste mes de novembro, un amplo programa de actos para a eliminación da violencia contra as mulleres. O día central do programa é o 25 de novembro, cando se celebra o Día Internacional para a elminación da violencia contra as mulleres. O programa é o seguinte: Días 23, 24 e 26 de novembro (19:00 Casa da Xuventude, Andar 4 Sala 4): Obradoiro 2, As habilidaes comunicativas... empoderándonos para liderar. Impartido por Dna. Ana Pérez Cardoso, técnica de igualdade do Concello de Allariz, especialista en xénero, educación e políticas de igualdade, e Dna. Irene Cecilia Álvarez, traballadora social, especialista en xénero, educación e políticas de igualdade. Día 24 de novembro (20:00 h. Auditorio de Ourense): Teatro: Testosterona, Espectáculo Xenérico. A cargo da Compañía Chévere. Día 25 de novembro: 12:00 h. (Praza Maior): Actos institucionais de conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia exercida contra as mulleres. Colabora Anacos da Cidade. 13:00 h. (IES As Lagoas): Monólogo "Horario". Dramaturga: Begoña Muñoz. Monologuista: Esther Movilla. Dirixido ós alumnos e profesores dos IES de Ourense. 16:00 a 22:00 h. (Campus Universitario, pavillón 1, seminario 3): Obradoiro teatral, Ser home por un día, a cargo da compañía Chévere. 16:00 a 22:00 (Ateneo de Ourense): Exposición Fotográfica "En clave de do", por parte de Isabel Salgado Parada. Inauguración ás 20:30 h. (Ata o 8 de decembro). 25 e 26 de novembro (17:00 h. Aula Magna do Edificio Politécnico): Xornadas Universitarias: Violencia de xénero: a violencia sexual a debate, en colaboración coa Universidade de Vigo, Campus de Ourense. Fuente: Ayuntamiento de Ourense
|