Noticias de Ourense
Ourense
Información general
Transportes
Cómo Llegar
Alojamientos
Gastronomía
Donde Comprar
Rutas Turísticas
Turismo Cultural
Tiempo de ocio
Música
Balnearios
Empresas
Servicios Profesionales
Foro de Ourense
Fotografías
Webs amigas
Ayuda
Contacto
Publicidad

 Inicio >> Noticias de Ourense >> O Concello cede á Confederación Hidrográfica os terreos necesarios para a construcción dunha pasarela peonil sobre o río

O Concello cede á Confederación Hidrográfica os terreos necesarios para a construcción dunha pasarela peonil sobre o río

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza do día 3 de decembro poñer a disposición da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil os terreos na marxe dereita do río Miño necesarios para a execución do proxecto de pasarela peonil sobre o río en Oira.

A pasarela permitirá pechar á altura de Oira o circuito peonil que comunica as dúas marxes do río, actualmente conectados xa a través de pasarelas nos puntos de O Vao e Outariz.

O esquema da pasarela proposta consiste nun taboleiro sostido en dous mástiles por medio de tirantes de cable de aceiro.

A distancia entre as cimentacións dos mástiles é de 110 m, de xeito que se salva o cauce normal do río Miño sen apoios intermedios.

De cada mástil parten sete tirantes cara o tramo central do taboleiro e outros sete cara o extremo correspondente de taboleiro e a zona de retida en estribo ou en taboleiro con péndolas verticais.

O pavimento da pasarela é un entarimado de madeira. As varandas consisten en montantes inclinados cara o interior, unidos por tubos intermedios e tubo e pasamáns no seu extremo posterior, todos eles de aceiro inoxidable.

Fuente: Ayuntamiento de Ourense

Ir al inicio
invisible
Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página Mapa web Buscador Avanzado
Circulo Gacela

Solicite demo
Franquicias Vending